Vistas de página en total

lunes, 2 de mayo de 2016

Estades preparados para comezar? Aparecen as sorpresas!

Boas tardes rapaces!
Como xa vos dixemos na primeira entrada deste blog as sorpresas ían aparecer en nada, e por iso aquí tedes a primeira.
A actividade que imos realizar consistirá en que cada unha das áreas que aprenderedes (cálculo, xeometría, etc) estarán presentadas por diferentes mestres que vos irán guiando para que o aprendizaxe sexa máis interactivo, divertido e sobre todo MOI MOLÓN!!

Por certo, que cabeciña a miña! Eu son Albert, o director deste colexio virtual que as nosas amigas Alba, Laura e Isabel están creando.
A miña función será a de falar con vós cada vez que queirades cambiar de actividade, dándovos paso a cada un dos profesores que teredes ao longo dela.
Non quero ser pesado, así que despídome por esta vez. Moi pronto coñeceredes ao primeiro destes mestres e tras él, virán o resto.

Encantado de coñecervos! VÉMONOS PRONTO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario