Vistas de página en total

viernes, 13 de mayo de 2016

A despedida

Boas tardes nenos e nenas!
Agora sí que sí, chegamos ao final desta actividade tanto nós como vós.
A presentación xa quedou feita e con ela todos os xogos e exercicios que vos preparamos durante este tempo. Esperamos que con ela poidades aprender un pouquiño máis tanto das matemáticas como das TICs, xa que coñecer ambas é de gran importancia na nosa sociedade hoxe en día.
Pola nosa parte, só podemos dicir que estamos moi contentas co noso traballo e con todo o que aprendimos durante él. É por isto polo que prometemos utilizar dito traballo para ensinar aos nosos futuros alumnos e facerlle desta forma máis ameno, entretido e fructífero o seu aprendizaxe.
Agora si, despedímonos definitivamente.
GRAZAS POR TODO RAPACES, e saudos de parte dos vosotros mestres Pitágoras, Hipatia, Maria Gaetana e do voso directo durante este tempo, Albert!
ATA A PRÓXIMA VEZ!

miércoles, 11 de mayo de 2016

HOXE É O GRAN DÍA!!!

Boas dias alumnos!
Hoxe, despois de tanto traballo, chegou o día da presentación.
Temos todo preparado para que poidades aprender, repasar e disfrutar do material didáctico que creamos para vós.
Esta presentación podedes utilizala na clase a modo de repaso para un examen ou para recordar conceptos dados nela, así como tamén podedes utilizala na casa, xa que a presentación conta con audios en boca dos mestres que vos irán guiando e dicindo que pasos tedes que seguir para realizar e continuar as actividades propostas.
Esperamos que vos guste e moitas grazas pola vosa atención.
DESEÁDENOS SORTE E DISFRUTADE!

As curiosidades dos mestres

Boas rapaces!
Tras falar de todos os bloques cos que vai contar a presentación e presentarvos a todos os profesores, chegamos ao bloque das curiosidades dos mestres.
Neste bloque, diremos que personalidades reais do mundo das matemáticas se esconden realmente tras os personaxes animados que eleximos para que vos acompañasen nesta experiencia. Ademais, aparecerá unha breve explicación de por que son tan coñecidos neste ámbito.
Unha vez máis, esperamos que isto tamén vos guste tanto como a nós crealo.
VÉMONOS!

lunes, 9 de mayo de 2016

Voltamos ao tema da excursión!

Démonos conta de que non profundizamos demasiado no tema de a onde vos vai levar Hipatia de excursión, e como non queremos ser malas, imos desvelarvos cal é ese lugar secreto ata o momento. Estades preparados? IMOS DE EXCURSIÓN AO SUPERMERCADO!
Será neste lugar, como xa dixemos, onde teredes unha grata recompensa se conseguides aprender o suficientemente ben o calculo con moedas e billetes e axudades á vosa mestra.
Pronto poderedes ir e disfrutar por un ratiño.
VÉMONOS!!!

Cada vez queda menos!

Unhas simples horas son as que nos faltan para dar a coñecer a nosa presentación, aquela na que levamos traballando tantos días e coa que tan bien o pasamos creando un material axeitado para os nosos pequenos alumnos.
Continuando coas novidades presentes nesta, podemos dicirvos que ademais da excursión que xa adiantamos anteriormente noutras publicacións que fixemos que realizariamos, a presentación terá lugar nun ambiente escolar, co respectivo despacho do director, as aulas, etc. Será aquí onde volveredes a ver ao nosotros amigos e mestres que vos presentamos uns días atrás.
Volverémonos a ver antes do esperado momento da presentación.
ATA PRONTO RAPACES!

Presentámosvos ao último dos mestres!

Boas tardes rapaces!
Cada vez queda menos para a presentación do noso traballo e por iso nós xa estamos cos últimos detalliños antes de amosárvola.
Ainda así, antes de continuar adiantándovos máis cousas deste traballo temos que presentar á mestra Maria Gaetana, quen vos acompañará no voso aprendizaxe sobre a xeometría.
Con esta mestra, aprendeiredes os conceptos máis básicos deste campo, como é o reconoñecemento de lados de determinadas figuras, as figuras xeométricas máis comunes, etc.
Seguro que con ela continuades pasándoo tan bien como co resto dos profes.
Ademáis, ainda que non é nada novo que vos digamos isto, ao final da presentación tamén coñeceredes un pouco máis a este personaxe real e a súa historia, ao igual que aos seus compañeiros.
Unha vez máis, despedímonos coa promesa de voltar en pouco tempo con novas cousas que amosarvos.
ATA PRONTO RAPACES!

martes, 3 de mayo de 2016

E chega a nosa segunda mestra!

Boas tardes rapaces e amiguiños!
Hoxe continuamos coas sorpresas e damos a benvida á segunda mestra. Con ela, aprenderedes a restar mediante xogos e actividades, e como está claro, seguiredelo pasando en grande.
A mestra da que falamos chámase Hipatia, unha importante matemática á que coñeceremos máis ao longo da actividade, o mesmo que xa dixemos de Pitágoras e do resto que están por vir.

Ademáis, viviredes outra das sorpresas que vos temos preparadas: ÍMONOS DE EXCURSIÓN!
Desta saída aprenderedes a manexar o cálculo na vida cotiá, xa que empregaremos o propio diñeiro para mercar algo no sitio ao que vamos que tamén vos gustará moito. Se axudades a Hipatia e o facedes ben teredes unha agradable e doce sorpresa.
Pero para iso, como sempre dicimos, teredes que esperar un pouquiño máis. Cada vez queda menos, non vos desesperedes.

Un saudiño e vémonos en nada de tempo.
ATA PRONTO!!