Ola de novo rapaces!
Veña, imos coñecer ao primeiro mestre.
Boas tardes alumnos, chámome Pitágoras e serei quen vos ensine a sumar dunha maneira moi orixinal e divertida. A maneira que utilizarei para conseguilo será mediante xogos, aparecendo en eles algún que outro detalle sorpresa que espero que vos guste.
Ademáis de ensinarvos as sumas, tamén coñeceredes máis sobre min ao longo da presentación, pero para iso ainda vos queda un pouquiño por esperar. Todo ao seu tempo.
Mentres, deixovos un xogo co que poderedes comezar a practicar este aspecto das matemáticas á vez que o pasades en grande, e pronto estarei eu con vós para seguir
http://www.arcademics.com/games/jet-ski/jet-ski.html
(facede click neste enlace para acceder á páxina do xogo).
VÉMONOS!

No hay comentarios:
Publicar un comentario